escrava social :


REPRESIÓN - MOVIMIENTOS SOCIALES - NO MASS MEDIA - ETNOGRAFÍA - AUDIO/ENTREVISTAS - TIMELINE





ESCRAVA SOCIAL


April 2008, action in Santiago de Compostela against slavery of the domestic workers. The activists went into Area Central shopping mall cleaning the place. Suddenly stopped shouting: " I am fed up!! " and began to read the manifest:





" Mulheres Transgredindo e Nomepisesofreghao unha vez máis, sae á rúa, hoxe para denunciar que camiñamos, si, camiñamos pero non avanzamos, …


Cada vez as mulheres temos máis traballo e menos emprego, cada vez somos menos as que vivimos en tempo real e máis as que vivimos en tempo capitalista e nos vemos na obriga de mercar tempo e vidas alleas para poder continuar gañándolle a batalla ao reloxio do capital, para sacarlle horas ao día, para roubarlloe 1 volta ao sol, Tempo!, tempo! Non temos tempo!!


Cada vez somos máis as persoas que non temos tempo para coidar das nosas crianzas e dos nosos vellos e vellas,
Cada vez somos máis as persoas que non temos tempo para limpar a nosa propia merda, …
Cada vez somos máis as que menos ….. TODO!
Imaxina, por un intre, que a escravitude non existe, (sabendo que é moito imaxinar),


Imaxina entón que ser empregada do fogar é un emprego coma outro ,


Imaxina que fose un traballo digno e entón:
* o 100% das empregadas de fogar non serían só mulleres


Imaxina que fose un traballo verdadeiro (non de verdade, o que xa é) e entón:
* o 100% das embregadas teráimos un contrato en regra, réxime de cotización xeral, non especial (que ven significando miserento), cobertura por enfermidade ou invalidez, dereito a sindicarnos, a vacacións, a prestacións, en fin, dereitos laborais qué menos!


Imaxina que fose un traballo e non unha MERDA e entón:
* o traballo sería concreto e único, se é limpeza: limpar, se é cociña:cociñar, se é coidar: coidar, pero non de todo un pouco sen que se aprecie absolutamente nada.


Imaxina que fose un traballo valorado e entón:
* as horas de presenza no traballo contabilizaríanse como horas traballadas e non coma tempo que se bota ao lixo


Imaxina que fose exactamente iso, un TRABALLO e entón:
* as humillacións, insultos, acosos sexuais e vexacións non estarían á orde do día (pero qué difícil é tratar por igual a quen traballa para facer o que ti non fas non?)


Imaxina que fose un traballo xusto e entón:
* viver na casa dos teus xefes contemplaríase coma un plus altamente cuantificado, a semellanza de traballar por turnos ou, millor, con "materias perigosas", pola perda de calidade de vida (ou por ausencia da mesma) que iso conleva, imaxinas como sería para ti viver na casa dos teus xefes? pois proba!


Imaxina, en definitiva, que a escravitude fose abolida


NON MÁIS ESCRAVAS SOCIAIS! NON MÁIS ESCRAVAS LABORAIS!
DEREITOS LABORAIS XA! "



+ info here